11.2.09

haicú celta nº 2

paso a vida
eternizada
no primeiro paso

21.1.09

haicú celta nº1

hai algo mellor que unha blog sen lectores
e é
unha blog sen entradas

29.4.08

eu

coma río
auga mansa
coma tempo verbal
un presente perfecto

esquézome de que sou mar.

1.2.08

sou...

xenerosa, que non tonta,

e a miña paciencia contigo rematou.

23.1.08

cousas

que me mosquean e cabrean deste goberno bipartito...
sobresoldos

máis

e máis

e como contrapartida, polas mesmas datas, que anuncien a paga ás mulleres maltratadas coa célebre expresión de

salario da liberdade

26.3.07

instinto de supervivencia

un día pola mañá sorpréndome con que aquela compañeira tan querida veu de converterse nunha especie de policía do pensamento

.....todas as fiestras abertas, só para mirar, cun cristal invisible para impedir que o aire entre.

31.3.06

fin?

non pode ser, por qué todo ten que ser tan categórico??

fin de marzo

este é un post de supervivencia.

qué fago???

por qué é tan difícil decidir??

Arquivo do blogue

Acerca de mim